|  |  |  |  |  |  |  
ALCALDÍA, IGUALDADE, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E GALESCOLAS
O Departamento de Igualdade, Normalización Lingüística e Galescolas puxo en marcha a Oficina Municipal de Igualdade, que leva a cabo políticas encamiñadas á igualdade entre os dous xéneros e á erradicación da violencia de xénero.

Entre as actividades desenvolvidas pola oficina atópanse: a organización dun curso de Graduado en ESO, unha exposición sobre a muller no ámbito laboral dos viveiros e a publicación dun libro sobre a saúde das mulleres no municipio, entre outros.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) ten como fin normalizar o uso do galego no ámbito administrativo do Concello, intentando, ao mesmo tempo, chegar a outros ámbitos do municipio e atender as demandas que nesta materia poidan ter os veciños e veciñas.
Entre as actividades que leva a cabo o SNL atópanse as seguintes:
- Realización dun estudo sobre a situación da lingua galega no Concello de Tomiño
- Tradución de textos ao galego
- Corrección de textos
- Elaboración de modelos de documentación
- Resolución de dúbidas lingüísticas e terminolóxicas puntuais
- Difusión de materiais que contribúan á tarefa normalizadora
- Colaboración no proxecto de toponimia de Galiza
- Organización de campañas de dinamización lingüística.

O servizo de Galescolas encadra a xestión da Galescola de Tomiño en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia para nenos de 0 a 3 anos.

Estas tres áreas son as que dirixe a Alcaldesa, Sandra González Álvarez.

 
Sandra González Álvarez
SANDRA GONZÁLEZ ÁLVAREZ
Concello de Tomiño
Praza do Seixo s/n - 36740 - Tomiño
Tlfno.: 986 622 001/03
Contacta coa Concellaría
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño