A Concellaría de Lecer e Deportes, que dirixe Fernando Álvarez Fernández (CdT), ten como cometido xestionar actividades e actos relacionados co deporte e o lecer, así como organizar e soster as escolas deportivas. Este departamento segue de preto a actuación dos distintos colectivos do deporte local para resaltar os seus logros a través de axudas e homenaxes.
Tamén concede bolsas aos clubs e colectivos deportivos da localidade, colabora coas ANPAS e pon a disposición dos veciños e veciñas as instalacións deportivas municipais.
Por outra parte,apoia as actividades de lecer coma romarías cabalares, campionatos de caza,...