A Concellaría de Promoción Económica e Mocidade, que preside Xaquín V. Fernández (BNG), ocúpase do fomento de iniciativas económicas que repercutan no colectivo de veciños e veciñas, tales como achegar as novas tecnoloxías ao municipio coma wimax, tdt,...
Así mesmo,encárgase da administración das prazas de abastos (Tomiño e Goián) e das demandas dos comerciantes e empresarios.
Por outra banda, atende e fomenta actividades entre a mocidade tanto dende a OMIX como apoiando iniciativas privadas coma o Filminho, voluntariado, cursos formativos de diversa índole, obradoiros,...
Abrindo camiño a proxectos que procuran dinamismo económico para o municipio.