|  |  |  |  |  |  |  
CULTURA, EDUCACIÓN E PARTICIPACIÓN VECIÑAL
A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que preside Jesús Castiñeira Diz (CdT), é a encargada da Área de Educación. Isto comprende a relación cos colexios de infantil e primaria, co Centro Rural Agrupado (CRA) e cos outros centros de ensino do Concello co fin de velar polo seu bo funcionamento.

Esta concellaría é a encargada tamén da área de cultura na cal se elabora unha programación anual na que teñen cabida espectáculos de música, teatro, monicreques,...

Ademais organiza a Cabalgata de Reis, o Entroido e a Festa do Kiwi.

Está asesorado polo Consello da Cultura, creado no ano 2008, e que integra a representación das principais asociacións do termo municipal, así como persoas relevantes da cultura tomiñesa.

Por outra banda, tamén se encarga de fomentar o asociacionismo veciñal e da coordinación do emprego dos espazos públicos.

 
Jesús Castiñeira Diz
JESÚS CASTIÑEIRA DIZ
Concello de Tomiño
Colón, n.º 2, 1º - 36740 - Tomiño
Tlfno.: 986 622 001/03
Contacta coa Concellaría
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño