A Concellaría de Urbanismo e Patrimonio, que preside Uxío Benítez Fernández (BNG).
A Concellaría de Urbanismo ten ao seu cargo, ademais dos expedientes propios da área, obras coma a construción da Praza da Mina e rúas da contorna no centro urbano, a rehabilitación da antiga escola indiana Unión del Porvenir; a creación dunha senda peonil e para bicicletas na estrada de baixada ao río (parroquia de Goián) e un proxecto moi importante de recuperación e mellora do contorno da Fortaleza de San Lourenzo e Praia de Goián, entre moitas outras iniciativas.