|  |  |  |  |  |  |  
SANIDADE E BENESTAR SOCIAL
A Concellaría de Benestar Social, que dirixe o centrista Pablo Baquero Alvarez, é entendida coma un primeiro nivel do Sistema Público de Servizos Sociais, xeradora de inclusión, cohesión e atención á diversidade.
Esta concellaría ten como obxectivo mellorar o seu sistema de atención social, que se concreta na construción dun espazo inclusivo e solidario no que toda a poboación residente en Tomiño (maiores, homes e mulleres, mozos e mozas e nenos e nenas de todas as idades, orixe e condición) poida levar a cabo o seu proxecto de vida de xeito autónomo e cunha vinculación á Comunidade en que prime o respecto e a harmonía.
O Departamento de Benestar Social está integrado por dúas traballadoras sociais, dous educadores/as familiares e mais unha auxiliar administrativa e dispón de servizo xurídico, de asesoramento.
A nivel xeral, o ámbito de intervención concrétase en:
• Avaliar situacións de necesidade
• Ofertar información e asesoramento en relación aos dereitos e recursos sociais
• Deseñar programas individuais de atención para persoas dependentes
• Prestar servizos de axuda a domicilio, teleasistencia e apoio
• Intervir socieducativamnete a través do Programa de Educación Familiar
• Promover a inserción social, educativa e laboral dos usuarios/as
• Xestionar prestacións de emerxencia social e económicas
• Deseño e implantación de proxectos de atención colectiva
Co fin de conseguir que a información de prestacións e servizos, así como a tramitación doutras, sexa coñecida polo maior número de usuarios/as que conforman o conxunto da poboación do Concello de Tomiño, deseguido figuran aqueles que se ofrecen:
• Cheque asistencial
• Renda de Integración
• Renda Activa de Inserción
• Lei de dependencia
• Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
• Programa «Xantar na casa»
• Solicitudes de informes de vivenda
• Infravivenda
• Recoñecemento do grao de minusvalía
• Bono eléctrico e abono social telefónico
• Prestación por fillo menor de 3 anos
• Teleasistencia
• Título de Familia numerosa
• Pensións non contributivas
• Transporte adaptado
• Termalismo (Servizos Sociais de Tomiño)
• Programa lúdico de balnearios (Deputación)
• Programa «Vacacións para maiores»
• Atención para drogodependencias (Centro Alborada)
• Servizo municipal de axuda no fogar
• Axudas individuais
• Emerxencia Social
• Programa de «Educación Familiar
      o Escola Municipal de Nais e Pais
      o Obradoiro de conduta
      o Programa de maiores
      o ...
• Outros

 
Pablo Baquero Álvarez
PABLO BAQUERO ÁLVAREZ
Concello de Tomiño
Bº Rocha n.º8 - 36740 - Tomiño
Tlfno.: 986 623 211 - 986 622 001/03
Contacta coa Concellaría
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño