A actividade, organizada pola Asociación de Vigueses no Baixo Miño, conta coa colaboración da Concellaría de Cultura
Tomiño, 18 de marzo de 2010.- O Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolle esta fin de semana, o primeiro Concurso-exposición da Camelia en Tomiño 2010, organizada pola Asociación de Vigueses no Baixo Miño coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal.
A exposición permanecerá aberta ao público no Salón de Plenos desde as 17.00 ata as 20.00 horas o sábado, e desde as 11.00 ata as 14.00 horas o domingo.
Establécense tres premios para a categoría individual ou asociación e outros tres para establecementos comerciais.