|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

18/03/2010 - Cultura, Educación e Participación Veciñal

Este sábado continúa o Ciclo de Teatro organizado pola Concellaría de Cultura

Concello de Tomiño


Cándido Pazó do grupo Abrapalabra, será quen suba ao escenario coa obra “Historias Tricolores, ou de como aqueles animaliños proclamaron a República”.

Tomiño, 18 de marzo de 2010.- Continúa este sábado, día 18 de marzo, a programación organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal que dirixe Jesús Castiñeira, dedicada ao teatro durante todo o mes, con producións galegas de renome e que ofrece cada sábado unha proposta teatral de calidade.

O ciclo abriuse o día 6 coa obra “Un morto moi vivo”, a cargo de A Contrabutaca Produccións conseguindo un cheo absoluto con máis de 350 persoas. O éxito repetiuse o pasado sábado con coa compañía Fulano, Mengano e Citano e a súa proposta “Nunca menos”, que congregou a máis de 400 persoas.

A programación, organizada coa colaboración da Escola Municipal de Teatro e Danza e a Federación Terramiño, continúa este sábado con Cándido Pazó do grupo Abrapalabra, que subirá ao escenario coa obra “Historias Tricolores, ou de como aqueles animaliños proclamaron a República”. Nesta obra Cándido Pazó combina a súa experiencia como actor, autor e director teatral coa súa longa traxectoria como contador de historias nunha interesante proposta que ben podería definirse como un espectáculo de narración escénica para teatro.
Trátase dunha función dinámica, áxil e directa a medio camiño entre o monólogo cómico e o conto de taberna, pero cunha posta en escena propia dunha montaxe teatral moi coidada e cunhas boas doses de humor.

Pechará o mes de teatro o día 27, Máscara Produccións con “Por diante...e por detrás”. Todas as actuacións teñen lugar no Auditorio Municipal de Goián a partir das nove da noite.

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño