|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

19/03/2010 - Cultura, Educación e Participación Veciñal

A Casa de Cultura de Tomiño acolle dende o día 18 unha exposición colectiva de pintura con motivo do Ano Santo

Concello de Tomiño


A actividade, organizada pola Asociación Artístico Cultural de Pontevedra, conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño

Tomiño, 17 de marzo de 2010.- A Casa da Cultura de Tomiño acolle a partir do día 18 de marzo, unha exposición de pintura colectiva organizada con motivo do Ano Santo pola Asociación Artístico Cultural de Pontevedra coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

A mostra, que permanecerá aberta ata o día 29 de marzo, reúne obras dos  artistas Olga Rodríguez, Mª Carmen Álvaro, Chelo Celviño, Tina Alonso, Santiago Sancho, Remedios Priegue, Mª Teresa Calvo, Mª Jesús Ruiz, Mª Carmen Gago, Lourdes Rivero, Jesús Jáuregui, Jesús de Santiago, Isabel Leyes, Guillermo M. Lourido, Eugenio Cabaleiro, Delia Ponte, Carmen Martín, Carmen Blanco Gándara, Cari Rubio, Cajete, Ángeles Fondevila e Agra.

A inauguración da exposición terá lugar mañá ás 20.00 horas na propia Casa da Cultura.

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño