A actividade, coordinada pola Oficina de Desenvolvemento Local, terá lugar o día 30 de marzo no Auditorio de Goián ás cinco da tarde
Tomiño, 16 de marzo de 2010.- A Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño organiza un novo curso de manipulador de alimentos, que terá lugar no Auditorio de Goián, o vindeiro martes 30 de marzo, ás 17.00 horas.
Os interesados poden apuntarse nos locais da Oficina de Desenvolvemento Local sita na Casa do Concello (Praza do Seixo, s/n), ou chamando ao número de teléfono 986 622 001/02/03 en horario de mañá.