|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

16/03/2010 - Oficina de Igualdade

Unha vintena de nais acompañadas polos seus fillos e fillas asistiron ao “taller de nanas” organizado pola a Oficina de Igualdade

Concello de Tomiño


A actividade, impartida por Ugía Pedreira, celebrouse o pasado sábado no Centro Goianés

Tomiño, 16 de marzo de 2010.- Máis de vinte nais asistiron o pasado sábado ao “taller de nanas” organizado pola Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño.
A innovadora iniciativa que tiña coma fin axudar a nais e pais na crianza dos seus fillos e fillas, contou coa dirección da cantante galega Ugía Pedreira, integrante do grupo “Marful”, e tivo lugar o pasado sábado 13 de marzo no Centro Goianés.

No taller tratáronse nanas e cancións de berce tradicionais e ás súas posibles versións para a actualidade.

Antes do obradoiro, Rosa Bugallo, presidenta da Asociación Cultural “Vagalumes”, falou das nanas, analizándoas desde un punto de vista filosófico e definíndoas coma “unha manifestación artística que lle facemos ao bebé”. Bugallo sinalou que as nanas permiten relacionarse a pais e nais con seus fillos e fillas a través do ritmo e a tradición, e referiuse tamén ao contido destas cancións, que cualificou como “unha forma de aprendizaxe”.

A segunda parte do taller estivo a cargo de Ugía Pedreira, quen ensinou a cantar ás asistentes nanas tradicionais galegas e portuguesas aso coma coplas populares. Pola tarde, a cantante propuxo ás nais crear unha composición propia.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, salientou a importancia de apoiar e promover desde a Oficina de Igualdade todas as medidas que axuden a favorecer unha crianza respectuosa, con espazos de encontro entre nais, pais e bebés. 

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño