|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

15/03/2010 - Oficina de Igualdade

A alcaldesa de Tomiño reuniuse coa directora do Instituto da Muller dependente do Ministerio de Igualdade

Concello de Tomiño


A rexedora tomiñesa aproveitou para dar a coñecer os proxectos da Oficina de Igualdade do Concello

Tomiño, 15 de marzo de 2010.- A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xefa da Oficina de Igualdade do Concello, reuniuse o pasado venres coa directora do Instituto da Muller dependente do Ministerio de Igualdade, Laura Seara Sobrado.

A xuntanza, que tivo lugar na Subdelegación do Goberno, en Pontevedra, serviu para dar a coñecer á Seara a actividade e proxectos da Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño.

A alcaldesa de Tomiño, que realizou en persoa as xestións necesarias para conseguir este encontro, salientou sobre esta xuntanza que é moi importante para o municipio que a directora do Instituto da Muller se interesase por coñecer en o funcionamento da área de Igualdade. González explicou os principais proxectos que desde a área estanse levando a cabo e ambas directivas coincidiron en chegar a acordos futuros no ámbito da formación e da integración da muller.

 

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño