A compañía Fulano, Mengano e Citano levará a escena a obra en clave de humor “Nunca menos”
Tomiño, 12 de marzo de 2010.- Continúa este sábado, día 13 de marzo, a programación organizada pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal que dirixe Jesús Castiñeira, dedicada ao teatro, con producións galegas de renome que ofrece cada sábado de mes. O ciclo abriuse o día 6 coa obra “Un morto moi vivo”, a cargo de A Contrabutaca Produccións conseguindo un cheo absoluto con máis de 350 persoas.
A programación, organizada coa colaboración da Escola Municipal de Teatro e Danza e a Federación Terramiño, continúa este sábado coa compañía Fulano, Mengano e Citano e a súa proposta “Nunca menos”; unha obra que presenta un percorrido en clave de humor a través da historia de Galicia. A obra leva ao espectador ás orixes, costumes e tradicións desta terra cunha mirada divertida que provoca a risa.
O sábado 20 será Cándido Pazó do grupo Abrapalabra, quen suba ao escenario coa obra “Historias Tricolores, ou de como aqueles animaliños proclamaron a República”.
Pechará o mes de teatro o día 27, Máscara Produccións con “Por diante...e por detrás”. Todas as actuacións terán lugar no Auditorio Municipal de Goián ás nove da noite.