|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

12/03/2010 - Tráfico, Seguridade e Transportes

ITV para ciclomotores en Tomiño o vindeiro mércores 17

Concello de Tomiño


A cita para a revisión pode pedirse no mesmo día

Tomiño, 12 de marzo de 2010.- O vindeiro día mércores 17 de marzo, en horario de mañá e tarde, realizarase no concello de Tomiño unha nova inspección técnica de ciclomotores.

Como vén sendo habitual, a revisión terá lugar na explanada exterior da Policía Local (barrio da Rocha), a carón do edificio do antigo Centro de Saúde.

O horario de mañá será de 09.00 a 13.30 horas e o de tarde, de 15.30 a 18.00 horas. A cita pode pedirse no mesmo día e se abona no momento da revisión.

A concelleira de Tráfico e Seguridade, Julia Cascón, informou que as inspeccións anteriores resultaron un éxito, dado o volume de cidadáns que concorreron á cita.

 

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño