|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

11/03/2010 - Oficina de Igualdade

A alcaldesa de Tomiño participa nunha mesa redonda sobre a muller organizada polo IES e a Oficina de Igualdade

Concello de Tomiño


A rexedora falou sobre o papel da muller xunto a dúas profesionais da zona e unha profesora

Tomiño, 11 de marzo de 2010.- A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou hoxe nunha mesa redonda sobre a muller organizada polo IES de Tomiño e a Oficina de Igualdade do Concello.

A actividade, enmarcada dentro da Semana Internacional da Muller promovida polo Instituto, contou tamén coa presencia de Ana Fernández, ex-alumna do centro e profesora da Universidade de Vigo na actualidade, e Ana Oliveira, enóloga dunha das principais adegas da zona, coordinadas por unha docente do IES tomiñés.

Na charla, dirixida ao alumnado de 1º de bachelarato e ciclos formativos de grado medio, a alcaldesa animou aos estudantes a loitar por unha igualdade efectiva entre os sexos e falou da súa experiencia coma alcaldesa, nai e muller. Informou, asemade, do funcionamento da Oficina de Igualdade de Tomiño que ela mesma dirixe, facendo fincapé na vontade de organizar actividades que contribúan a facer cada vez máis visible o papel da muller na sociedade.


 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño