|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

09/03/2010 - Oficina de Igualdade

Igualdade entrega os premios do concurso sobre a muller traballadora en Tomiño

Concello de Tomiño


Os tres galardoados, dúas nenas e un neno de 6º de Primaria, amosaron a súa satisfacción

Tomiño, 9 de marzo de 2010.- A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, xefa da Oficina de Igualdade do Concello, fixo entrega onte dos premios do concurso de redacción sobre a muller traballadora convocado pola oficina entre os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria.

Nun acto celebrado no Salón de Plenos onte pola tarde, a rexedora municipal felicitou a cada un dos gañadores e gañadoras salientando os seus traballos e agradecendo a súa vontade de participar na convocatoria.

Os tres alumnos premiados foron, por esta orde, Sabela Sobrino de Santiago (1º premio valorado en 100 euros), do CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián); Roi Serra Martínez (2º premio valorado en 75 euros) e Lorena Álvarez Rodríguez (3º premio valorado en 50 euros), ambos do CEIP de Tebra. Os tres galardoados destacaron nas súas composicións, que concursaron xunto a unha trintena de traballos, o papel da muller na sociedade desde diferentes puntos de vista e coincidindo na importancia de valorar máis o traballo que esta desempeña dentro e fora da casa.

A alcaldesa de Tomiño salientou na súa intervención que a idea de implicar ao alumnado de Primaria respondeu á intención de facer visible o papel da muller desde idades temperás, así como transmitir a importancia do traballo remunerado ou non da muller na nosa sociedade.

Os textos completos dos traballos premiados poden consultarse na páxina web do Concello de Tomiño (www.concellotomino.com).


 

máis...
máis...
máis...
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño