Os técnicos informarán á cidadanía o vindeiro mércores de 09.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 horas
Tomiño, 5 de marzo de 2010.- Unha unidade móbil do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información), visitará Tomiño o vindeiro día 10 de marzo, co fin de informar á cidadanía sobre as emisións da TDT e o apagón analóxico.
Os técnicos informarán aos veciños e veciñas que queiran achegarse ata a Praza do Seixo, en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 horas.