|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

05/03/2010 - Cultura, Educación e Participación Veciñal

Cultura organiza unha exposición do escultor tomiñés Ignacio Moure

Concello de Tomiño


A mostra, que permanecerá aberta no Auditorio de Goián entre o 5 e o 31 de marzo, inaugúrase este venres

Tomiño, 5 de marzo de 2010.- A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal que dirixe Jesús Castiñeira, organiza a exposición de escultura “Meu sentir”, de Ignacio Moure, que poderá visitarse no Auditorio de Goián do 5 ao 31 de marzo.

A  inauguración da exposición terá lugar o mesmo día venres 5 ás 19.30 horas no auditorio.

Ignacio Moure Alonso, naceu en Tomiño hai 48 anos e é autodidacta. Dende neno interesouse pola escultura e lembra cando collía as pastillas de xabón da súa nai para facer bonecos.

Moure foi aprendiz de Antúnez e Copo, e en canto aos materiais utilizados nas súas obras, ten preferencia pola madeira e o ferro reciclado, aínda que tamén manexa a pedra e o barro.

Segundo Castiñeira, a organización da exposición responde á vontade da concellaría de axudar a dar a coñecer a importante obra de moitos artistas que non teñen aínda a proxección que lles corresponde.

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño