|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

01/03/2010 - Educación

Suspéndense as clases no IES de Tomiño por mor dos danos ocasionados polo temporal do pasado sábado

Concello de Tomiño


A actividade de varios cursos reiniciarase o mércores

Tomiño, 1 de marzo de 2010.- O Instituto de Ensino Secundario de Tomiño tivo que suspender as clases por mor dos danos ocasionados polo temporal do pasado sábado.
Segundo informaron fontes do propio instituto e da Delegación Provincial de Educación, producíronse danos nun 30% do tellado do edificio principal, con levantamento da cuberta e vigas, o que provocou a filtración de auga a través da placa. 
Hoxe iniciáronse os traballos de reparación e se prevé que o vindeiro mércores poidan reiniciar as clases algúns cursos. 

A vicedirección do IES fixo público o seguinte comunicado este mediodía:

"O temporal do sábado 27 causou desperfectos importantes na cuberta do edificio do IES. Se ben non houbo danos materiais na dotación do centro, toda a planta superior está fora de uso, polo que non é posible reanudar as actividades lectivas normais ata que a situación se normalice. Por outra banda, os traballos de reparación supoñen un perigo potencial no caso de que un gran número de alumnos acuda ao centro.Sen embargo, é posible reanudar parcialmente as actividades lectivas en condicións mínimas de seguridade, e en atención ás características especiais de determinados niveis educativos. Polo tanto, anúnciase o seguinte:

Seguen suspendidas indefinidamente as actividades lectivas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato.Reanúdanse as actividades lectivas de 2º de Bacharelato, Ciclos formativos de Electrónica e Forestais e PCPI (Programa de Cualificación Profesional) a partires do mércores 3 de marzo, e en horario lectivo normal.
Haberá transporte escolar para os alumnos dos cursos convocados.Rógase estar atentos aos medios de comunicación, e especialmente á información que aparezca na páxina web do centro: www.centros/edu.xunta.es/iesdetomino.
O equipo directivo do IES TomiñoLuns, 1 de marzo de 2010.
http://centros.edu.xunta.es/iesdetomino
986623346 / 986623345 "
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño