|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

02/02/2010 - Deportes e Lecer

A Concellaría de Deportes clausura con éxito o primeiro Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño

Concello de Tomiño


O concelleiro Fernando Álvarez presidiu a entrega de trofeos

Tomiño, 2 de febreiro de 2010.-  A Concellaría de Deportes e Lecer clausurou o pasado sábado con gran éxito o I Torneo de Tenis de Mesa Concello de Tomiño disputado durante os últimos fins de semanas na localidade, e do que resultou gañador Héctor Costas que disputou a final contra Samuel Pereiro, ambos xogadores pertencentes á A.D Vincios de Tenis de Mesa.

Ante numeroso público dous deportistas da Agrupación Deportiva Vincios realizaron momentos antes da final unha pequena exhibición de tenis de mesa.
Durante esta xornada disputouse tamén o encontro de liga da terceira división federada entre os equipos Monte Ferreiros de Sobrada e A.D Vincios.

A entrega de premios foi presidida polo concelleiro de CdT, Fernando Álvarez responsable da área de Deportes e Lecer, acompañado polos patrocinadores da proba; Anxo Cortiñas (Copisteria Copymar) e Dadi (Café-Bocatería Woody Pool).

O concelleiro comentou que a xornada desenvolveuse sen problemas, o mesmo que o resto do torneo, creando aínda máis afección por este deporte.

Visitando a páxina  www.agrudebam.es poderase atopar fotos, vídeos, clasificación final e vídeos do torneo.

 

Concello de Tomiño
Concello de Tomiño