A celebración dos cursos está supeditada á inscrición de alomenos 25 alumnos/as nalgúns dos niveis previstos
Tomiño, 1 de febreiro de 2010.- O Concello de Tomiño organiza por segundo ano consecutivo, co apoio da Consellería de Educación, cursos para a preparación das probas do CELGA nos vindeiros meses de abril e outubro nos niveis 3 e 4, sempre que se consigan alomenos 25 persoas interesadas nalgún dos niveis previstos.
Os cursos teñen unha duración total de 75 horas e impartiranse durante un mes, a razón de dúas horas e media por día, de luns a venres en horario de mañá ou tarde, segundo o número de interesados/as. Estes poden informarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, ou chamando ao número de teléfono 986 622 001/03 en horario de mañá. A data límite para apuntarse é o día 20 de febreiro.