|  |  |  |  |  |  |  
Unión del Porvenir
Humanización da Praza da Mina

Monte Tetón
Boletin
Portal do Cidadan
Aviso Omix




Agader

ACTUALIDADE

29/01/2010 - Mocidade

No 2010 a Concellaría de Mocidade oferta cursos de cultura árabe, idiomas, aventura e astronomía

Concello de Tomiño


A OMIX vai editar un díptico coa totalidade dos cursos e actividades organizados e datas de impartición

Tomiño, 29 de xaneiro de 2010.- A Concellería de Mocidade que dirixe o nacionalista Xaquín Villandangos, vén de presentar a programación da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) para todo o ano 2010.
Propostas tan innovadoras coma astronomía, rafting, escalada, radio “on-line” ou cultura árabe comparten cartel con outras máis tradicionais, como os idiomas, gastronomía, fotografía, masaxe ou malabares.
Concretamente, a concellaría fai unha oferta dunha vintena de cursos e actividades, dentro dos que se inclúen: francés e inglés (niveis iniciación e medio); portugués (niveis medio e avanzado); lingua e cultura árabe, cociña, fotografía, masaxe, automaquillaxe, escalada, bici de montaña, rafting, tenis de mesa, malabares, astronomía, obradoiros de radio “on-line” e fabricación de bombos; primeiros auxilios e campamentos de verán.
Xa está aberto o prazo de inscrición para que os mozos e mozas de 12 a 30-35 anos, poidan apuntarse naqueles cursos ou actividades nos que estean interesados. A inscrición poden formalizala a través do Facebook; mediante correo electrónico a  omix@concellotomino.com; por teléfono, chamando ao 986 623 304, ou de forma presencial, achegándose á OMIX (Campo da Feira s/n Tomiño) en horario de 8 a 15 horas de luns a venres ou os primeiros sábados de mes de 11 a 14 horas. Deste xeito, poderán recoller un díptico informativo con todos os cursos e actividades, que a concellaría vai editar para todo o ano.
Dende a Concellaría de Mocidade queren salientar “a importancia de estar en contacto connosco a través da rede social de Facebook ou pasando de cando en vez pola oficina, xa que de forma mensual van saíndo programas da Dirección Xeral de Xuventude, bolsas e axudas e outras novidades de interese para os nosos mozos e mozas”.
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño