|  |  |  |  |  |  |  
Concello de Tomiño - Multimedia
ESPAZO TIC
VECIÑOS E VECIÑAS DE FIGUEIRÓ REMATARON O CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET IMPARTIDO POLA AULA MÓBIL DO CONCELLO DE TOMIÑO
O pasado xoves (7 de abril) tivo lugar no Centro Recreativo e Cultural de Figueiró un acto de entrega de diplomas ao alumnado que participou nos dous cursos de iniciación á informática e internet (un en turno de mañá e outro de tarde) impartidos pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño. Os participantes, un total de 14 veciños e veciñas da parroquia de Figueiró recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación neste obradoiro.

    A alcaldesa intercambiou impresións cos alumnos e alumnas sobre o aprendido, podendo constatar a utilidade dos coñecementos adquiridos e a inquedanza por seguir profundizando no campo das novas tecnoloxías.
    A Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño, composta por seis ordenadores portátiles e un profesor especializado, xurde coa intención de estender a todas as parroquias de Tomiño as actividades formativas que no ámbito da informática xa se veñen desenvolvendo desde 2008 no Espazo TIC situado no Campo da Feira, no Seixo.
    Durante estes anos, o Espazo TIC do Concello de Tomiño leva realizando iniciativas diversas como charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas. Ata o de agora un total de 575 persoas participaron nestas actividades.
    Actualmente a Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño tamén está impartindo os seus cursos itinerantes na Casa dos Mestres de Amorín para membros da asociación de veciños desta parroquia. Seguidamente, trasladarase a Goián para levar a cabo un curso no que participarán membros da ANPA do colexio "Pintor Antonio Fernández", tendo xa en axenda outros colectivos de distintas parroquias para as próximas semanas
    As persoas ou asociacións que queiran anotarse para recibir os cursos da Aula Móbil ou ben para solicitar máis información, poden pórse en contacto coa persoa responsable do servizo, Daniel Ozores, dirixíndose persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamando ao teléfono 986.623.304 ou mandando un correo electrónico ao enderezo espazotic@concellotomino.com
A SALA DE IINFORMÁTICA DO CONCELLLO DE TOMIÑO XA CONTA CUN EQUIPO INFORMÁTICO ADAPTADO
Tomiño, 7 de abril de 2011. A sala de informática do Concello de Tomiño, situada no Campo da Feira no Seixo, conta desde hai unhas semanas cun equipo informático adaptado para persoas con discapacidades. A instalación deste equipo forma parte das actuacións levadas a cabo ao abeiro do proxecto TIC TAC Adapta posto en marcha polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de RED.ES e das distintas Comunidades Autónomas e que conta con cofinanciamento dos fondos comunitarios FEDER. A finalidade deste proxecto é a dotación de dispositivos tecnolóxicos e produtos de apoio en centros de acceso público a internet, facilitando o contacto coa sociedade da información ás persoas con discapacidade ou a outras que por diferentes motivos necesiten dun equipo adaptado para acceder a internet. Estes equipos informáticos adaptados, como o que foi instalado no Espazo TIC do Concello de Tomiño teñen unha serie de características e elementos específicos: conmutadores que realizan as funcións dun pulsador e poden ser utilizados por persoas con algún tipo de limitación motriz e/ou sensorial; pantalla táctil activada por contacto pola pel e mediante instrucións acústicas; sistema de soporte con forma de brazo articulado para facilitar o amarre de dispositivos que faciliten o acceso ao ordenador; teclado alternativo con teclas de grande tamaño para facilitar a súa pulsación; controladores sen mans que fan posible navegar por internet, utilizar o rato e escribir; ratos alternativos de bola grande para persoas con dificultades motoras e con joystick para persoas con control das mans limitado, software con opcións diversas que permiten simplificar o uso do rato e do teclado para as características de cada persoa, programas que permiten ampliar a pantalla ou convertela en voz, etc. O Espazo TIC do Concello de Tomiño amplía deste xeito a súa oferta aos usuarios tomiñeses que ata o de agora xa contaban coa sala de informática situada no Campo da Feira no Seixo e coa Aula Móbil de Informática creada para ofrecer cursos gratuítos de informática e internet ao longo das diferentes parroquias tomiñesas. As persoas ou asociacións que queiran solicitar máis información sobre estes servizos, poden pórse en contacto co coordinador do Espazo TIC do Concello de Tomiño, Daniel Ozores, dirixíndose persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamando ao teléfono 986623304 ou enviando un correo electrónico ao enderezo espazotic@concellotomino.com.
A ALCALDESA DE TOMIÑO FIXO ENTREGA DE DIPLOMAS ÁS PARTICIPANTES NO CURSO DA AULA MOBIL DE INFORMÁTICA
Tomiño, 23 de marzo de 2011.- No día de onte tivo lugar no Centro Social de Santa María de Tebra un acto de entrega de diplomas ás alumnas que participaron no curso de “alfabetización dixital: iniciación a informática e internet” impartido pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño. As participantes, oito nais pertencentes á ANPA do colexio de Tebra, recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros. A alcaldesa intercambiou impresións coas alumnas sobre o aprendido, podendo constatar a utilidade das ferramentas adquiridas e a inquedanza por seguir coñecendo o campo das novas tecnoloxías. Neste senso, a maioría das participantes recoñeceu que non tivera moito contacto cos ordenadores antes do curso, coñecendo agora as ferramentas básicas para seguir aprendendo e avanzando no mundo da informática e internet. Este é o primeiro curso impartido pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño creada recentemente co obxectivo de impartir diversos cursos relacionados coa informática e internet por todas as parroquias tomiñesas. Desde o Concello entrouse en contacto, vía carta, con asociacións sociais e culturais de todo o municipio para presentarlle este novo servizo e ofrecerlle a posibilidade de anotarse para recibir o curso que desexasen.
A AULA MOBIL DE INFORMATICA DO CONCELLO DE TOMIÑO INICIA A SÚA ACTIVIDADE EN STA. Mª DE TEBRA
A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio de Tebra é o primeiro colectivo tomiñés en beneficiarse dos cursos impartidos pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño Tomiño, 22 de febreiro de 2011.- Na tarde de onte deuse inicio ao primeiro curso impartido pola Aula Móbil de Informática do Concello de Tomiño. Tivo lugar no Centro Social de Tebra e o alumnado foi un grupo de mulleres pertencentes a ANPA do Colexio de Tebra, o primeiro colectivo en apuntarse neste servizo municipal despois de que o Concello enviase unha carta informativa ás asociacións culturais, veciñais, sociais, etc O Concello de Tomiño, na súa aposta por achegar as novas tecnoloxías a todas as parroquias, decidiu dar un paso adiante creando unha Aula Móbil de informática, composta por 6 ordenadores portátiles e un profesor especializado, co fin de aumentar e mellorar a oferta deste tipo de cursos nun concello tan extenso e disperso como o de Tomiño. O obxectivo desta aula móbil é levar ás diferentes parroquias do concello a actividade que normalmente se desenvolve na aula situada no Campo da Feira (O Seixo), facilitando así que máis xente poida participar en charlas, obradoiros e cursos, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais, persoas maiores, con discapacidade, mocidade, etc. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asegura que “ este servizo é unha aposta do Concello por investir en formación e en novas tecnoloxías que son unha parte fundamenteal dos coñecementos do futuro” . O concelleiro de Promoción Económica e Mocidade, Xaquín Villadangos, pola súa banda, explica que “ dende abril de 2008 púxose en marcha o chamado ESPAZO TIC (tecnoloxías da información e comunicación) que se converteu no motor e punto de referencia na estratexia de formación neste novo ámbito”. Segundo relatou o concelleiro “ao longo deste tempo, o ESPAZO TIC ten organizado máis de 100 actividades formativas de temáticas diversas nas que participaron máis de 520 persoas procedentes de todas as parroquias do concello, permitindo que moita xente adquirise ou mellorase os seus coñecementos básicos na área da informática e internet. De agora en diante a Aula Móbil irá desprazándose por todas as parroquias tomiñesas que o soliciten dando o seu servizo, por orden de inscrición, aos diversos colectivos que xa entraron en contacto e se anotaron no Espazo TIC do Concello de Tomiño. Dende que se abriu o prazo , foron xa 10 as asociacións que solicitaron o servizo. As entidades e asociacións do municipio que desexen levar a cabo algunha actividade relacionada co ámbito da informática e/ou Internet, deben porse en contacto coa persoa encargada do proxecto, Daniel Ozores, no teléfono 986 623 304.
Entrega de diplomas aos participantes nos cursos de alfabetización dixital: novembro de 2010
O pasado dia 2 de novembro, finalizaron os cursos de “Alfabetización Dixital: iniciación a informática e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 17 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos máis básicos no uso da informática e Internet.
Entrega de diplomas aos participantes nos cursos de alfabetización dixital: maio de 2010

O pasado dia 20 de maio, finalizaron os cursos de “Alfabetización Dixital: iniciación a informática e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 16 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos máis básicos no uso da informática e Internet.
Entrega de diplomas aos participantes no curso de alfabetización dixital: marzo de 2010
O pasado dia 5 de marzo, finalizaron os cursos de “Alfabetización Dixital: iniciación a informática e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 15 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos máis básicos no uso da informática e Internet
Entrega de diplomas aos participantes no curso de alfabetización dixital: decembro de 2009

O pasado día 4 de decembro, finalizaron os cursos de “Alfabetización Dixital: iniciación a informática e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 16 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos máis básicos no uso da informática e Internet.
Entrega de diplomas aos participantes no curso de alfabetización dixital: xaneiro de 2010
O pasado dia 29 de xaneiro, finalizaron os cursos de “Alfabetización Dixital: iniciación a informática e internet” organizados polo Espazo TIC do Concello de Tomiño. Un total de 18 alumnos recibiron de mans da alcaldesa, Sandra González, un diploma que certifica a participación nestes obradoiros destinados a que xente de calquera idade poda adquirir os coñecementos máis básicos no uso da informática e Internet.
Concello de Tomiño - Multimedia
Concello de Tomiño