PORTADA
|
O CONCELLO
|
ACTUALIDADE
|
CONCELLARÍAS
|
TURISMO
|
MULTIMEDIA
|
e-OFICINA
|
CONTACTO
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Tomiño dispón dun Servizo Municipal de Normalización Lingüística, un elemento indispensable no proceso de recuperación e dinamización do galego. O obxectivo principal deste departamento consiste en incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.
O Concello quere demostrar o seu compromiso co idioma propio e oficial, prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso.
DESCRICIÓN E FUNCIÓNS DO SNL
O SNL é un servizo do Concello de Tomiño que nace coa idea de ser un elemento dinamizador do uso do galego tanto dentro como fóra do Concello. Os seus obxectivos principais son incrementar o uso social da lingua, contribuír á completa galeguización da administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas.
O SNL está situado na Casa do Concello e pódese dirixir a el persoalmente, por teléfono ou ben por correo electrónico.
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Tomiño
Praza do Seixo, s/n.
C.P. 36740 – Tomiño
Teléfono: 986 622 001
Fax: 986 622 530
E-mail:
snl@concellotomino.com
AS FUNCIÓNS DO SNL
Os servizos que presta o SNL do Concello e Tomiño miran tanto cara ao aspecto organizativo da Administración local como cara ao conxunto da cidadanía e ás súas necesidades l ingüísticas. Deste xeito, as facetas do SNL pódense dividir en tres áreas fundamentais:
Asesoramento
– Lingüístico e terminolóxico para toda a veciñanza.
– Corrección documental.
– Tradución de textos breves.
– Dereitos e deberes lingüísticos.
– Subvencións e axudas para impulsar o uso da lingua galega.
Formación
– Xestionar a realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral.
– Detectar as necesidades formativas do cadro de persoal do concello para deseñar un programa de formación lingüística.
– Difundir materiais que faciliten o traballo diario e contribúan ao aumento da competencia lingüística.
Dinamización
– Campañas e accións para promover o uso da lingua nas actividades cotiás da cidadanía nos distintos sectores da sociedade.
– Actividades co obxectivo de acabar cos prexuízos lingüísticos que impiden o uso da lingua galega en certos sectores.
– Coordinación con outros departamentos na realización de actividades.
LIGAZÓNS RELACIONADAS
–
A Mesa pola Normalización Lingüística
–
Ciberlingua
–
Correlingua
–
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
–
Consello da Cultura Galega
–
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
–
Dirección Xeral de Política Lingüística
–
Biblioteca Virtual Galega
–
Culturagalega.org
–
Galego.org
–
As uvas na solaina
TEXTOS PARA DESCARGA
–
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galega
–
Lei de normalización lingüística
–
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
–
Dereitos lingüísticos
–
Manual básico de documentación administrativa
–
Manual de estilo do Concello de Tomiño
–
Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria na administración pública
–
DOG sobre a toponimia
–
Toponimia de Tomiño
Concello de Tomiño