 |
MEDIOAMBIENTE
|
 |
|
|
SANEAMENTO
O saneamento é un tema prioritario para o equipo de goberno local. O Concello de
Tomiño investiu máis de 2 millóns de euros en saneamento durante o ano 2009. As
principais intervencións realizadas foron as do casco urbano de Goián (1,7 millóns de euros),
próxima a rematarse; Pedra do Couto (100.000 euros) e a que vén de iniciar a Concellaría de
Medio Ambiente do Concello de Tomiño en Vilar de Matos (Forcadela).
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño está levando a cabo a separación
das augas pluviais das residuais no núcleo urbano de Goián. As obras, financiadas con fondos
estatais (Plan E), consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento desta parroquia,
que, cun investimento de 1 700 000 euros, vai permitir dotar deste servizo a todo o centro
urbano e realizar a separación de augas pluviais, evitando a saturación da estación depuradora.
RENOVACIÓN PARQUE DE LIMPEZA E MELLORAS PARA A CIDADANÍA
Tres novos camións e máis de 150 colectores de carga lateral permiten optimizar a recollida polas parroquias
Dentro da reestruturación do servizo de limpeza viaria levada a cabo pola Concellaría de Medio
Ambiente nos últimos meses, figura a posta en servizo de tres novos camións; un deles de
recollida lateral, e un total de 152 novos colectores de gran capacidade e peche hermético.
Con estas melloras a dotación actual de colectores é de 670 de carga traseira, 152 de carga
lateral de 2400 litros, 150 de envases lixeiros, 48 de papel cartón (35 novos) e 52 de vidro.
Hai tamén 50 compostadores e 1 colector para pequenas obras.
A recollida faise seguindo rutas diferentes; nas zonas máis poboadas a frecuencia é diaria
e nas demais faise cada dous días.
O sistema de limpeza das rúas, que antes era só con vasoira, agora experimenta melloras co
baldeo que se realiza semanalmente.
Plásticos de invernadoiro
Ademais, dende o concello préstase tamén un servizo de recollida de entullos de obra, de pilas,
de voluminosos e de cartón comercial.
A concellería iniciou, así mesmo, un servizo de recollida de plásticos nos viveiros e
invernadoiros, colocando nestas instalacións colectores que permiten seleccionar dous tipos
de plástico industrial.
Aceite doméstico
O concello vén de pór en marcha a recollida de aceites domésticos nos núcleos do Seixo e Goián,
coa colocación de colectores especiais para este uso situados no entorno das prazas de abastos
de ambos os núcleos.
LIMPEZA DE RÍOS E REGATOS DO MUNICIPIO
O Concello de Tomiño promove a limpeza dos ríos e regatos da localidade. A instancias da
Concellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comezou a levar
a cabo a limpeza dos distintos cursos de auga do municipio. Unha vez realizada a mellora
das marxes do río Pego no lugar de Mosteiro, e do regato Margaridas (parroquia de Vilachán do Monte),
emprendeu a do río Furnia, que se vén de rematar en varios tramos entre a parroquia de Amorín e a
desembocadura do curso fluvial.
Estas actuacións, que se complementaron coa sinalización do río Miño dentro do programa Rede Natura,
teñen a finalidade de pór en valor o patrimonio natural de Tomiño, recuperando para a veciñanza lugares
e sendeiros de recreo e paseo cun importante valor ambiental e paisaxístico.
Os responsables do goberno local agradecen a colaboración prestada para coidar e poñer en valor
os ríos e áreas de interese medioambiental, que é unha das prioridades do Concello.
-Limpeza de Montes e vertedoiros ilegais. A Concellería de Medio Ambiente realiza distintas
tarefas de limpeza e acondicionamento de montes e vertedoiros ilegais espallados por diferentes
lugares do municipio, coa colaboración coas comunidades de montes e outras entidades.
Só nas primeiras semanas de traballo, recolléronse máis de quince mil quilos de todo tipo de lixo,
como pneumáticos de diferentes tamaños, chatarra, electrodomésticos, colchóns, etc.
O regato de Solvado (Barrantes), fincas municipais situadas nas parroquias de Cristelos,
Barrantes e outros puntos da vila foron limpados tamén polo Concello co fin de por en valor
os recursos naturais de Tomiño.
As actuacións tiveron continuidade co cerre do perímetro do vertedoiro ilegal da Carballa,
e a limpeza de antigo vertedoiro de Figueiró en colaboración coa comunicade de montes desta
parroquia.
Proxectos
-Construción dun novo Depósito Municipal de Abastecemento de Augas (200.000 euros). Esta
é unha obra de moita importancia para o municipio, xa que na actualidade non hai a presión
suficiente para dar un servizo de calidade no casco urbano, coas limitacións que isto supón
para o Concello e os problemas conseguintes para a veciñanza.
-Proxecto río Cereixo (2.090.232,51 euros). O proxecto consiste na construción dos
colectores que darán servizo a tres das quince parroquias de Tomiño. Iso permitirá a adecuación
e rehabilitación das rutas naturais existentes nas proximidades do canle, con melloras no Lago
da Pedra e sendeiros na beira do río.
|
|
|
 |
|