|  |  |  |  |  |  |  
Concello de Tomiño - Multimedia
OFICINA DE IGUALDADE

Rec Play Stop Violencia!

Oficina de Igualdade
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

  Co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Intenacional contra a Violencia de Xénero, a Oficina de Igualdade do concello de Tomiño  celebra unhas Xornadas de sensibilización e loita contra a violencia de xénero.

 
A oficina  organiza diferentes  actos e actividades  para concienciar á cidadanía contra a violencia que se exerce contra ás mulleres.

  Defendemos  a igualdade  entre mulleres e homes e avogamos por un posicionamento  crítico e contundente de toda a sociedade contra calquera xeito de dominio e poder do home sobre a muller.

  Animamos a todolas/os veciñas/os de Tomiño a participar nestas actividades  para amosar  a toda a sociedade, dun xeito claro e contundente, a súa condea e repulsa contra a violencia de xénero.

ACTIVIDADES

CADEA HUMANA  CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO  (*)

 Día :       venres 25 de novembro 
 Lugar :   glorieta  da praza do concello
 Hora:      12.00

(*) Coa colaboración das asociacións : MMRR, Paso a paso, A Milagrosa...

REPRESENTACION TEATRAL "A VIDA DE ROSA DÍA TRAS DÍA" (*)

  Día :       domingo 27 de novembro
  Lugar :   Auditorio de Goián
  Hora :     19.00

(*)  En clave de humor,  a cargo da compañía Mariclown,  para todolos públicos

CONCERTO "I´LL BE WATCHING YOU" (*)

  Día :     martes  29 de novembro
  Lugar : Casa da cultura de Tomiño
  Hora :  12.00

(*) A cargo do grupo Chévere, para mozas/mozos do IES

* Máis información na Oficina de Igualdade do Concello : A Rocha s/n-Telf:986 623211

OBRADOIRO DE RISOTERAPIA

A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza   un obradoiro de iogaterapia da risa   para mulleres.

Obxetivo:  coñecer e utilizar a risa como ferramenta para afrontala vida dun xeito máis
                  positivo. 
                 
Datas :  días 9, 16  23  de  xaneiro  do 2012

Horario: 11.00 - 13.00 h.

Lugar : Casa da Cultura de Tomiño

Información e inscricións: Oficina de Igualdade - A Rocha s/n -Tomiño
                                                                                Telf.: 986 62 32 11 / 986 62 20 01

XORNADAS DE ACTIVIDADE FISICA
 A  Asociación de Mulleres "Paso a Paso"  organiza coa colaboración da Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño  unhas Xornadas  de exercicio físico para mulleres.
  
Datas: luns, mércores e venres  nos meses de  novembro e decembro
Hora:  19.00 - 20.00 h.
Lugar: Casa Barata
Imparte : Asociación "Paso a Paso".
Material necesario : roupa cómoda, unha toalla grande e botella de auga.

Información: asoc.pasoapaso@hotmail.es
                     Oficina de Igualdade: 986 62 32 11
SEMANA MUNDIAL DO ALEITAMENTO.MESA REDONDA:A COMUNICACION: FACÉNDONOS OIR.
"A comunicación é parte esencial da protección, promoción e apoio a o aleitamento materno".

Data : xoves 6 de outubro
Hora: 18.00 h
Lugar: Auditorio de Goián.

Moderadora: Ana Isabel Forneiro González. Matrona do centro de saúde de Tomiño.

Ponencias: 
                    "Beneficios neuropsicolóxicos do aleitamento materno"
                    Mónica Villar Guisado.Psicóloga, especialista en Neuropsicoloxía.

                    "Ensíname a comunicarme"
                    Rosana Coímbra Piñeiro. Logopeda

                    "A pel da nai: a mellor incubadora"
                    Ana MªGarcía Carnero. Pedagoga, especialista en E.Especial e Orientación.

                    "Non so tí tes dúbidas: preguntas máis frecuentes das nais/pais".
                    Carolina Barreiro Arceiz. Médica pediatra do centro de saúde de Tomiño.

                    "A miña experienza como nai"
                     Mónica Puga Díaz.  Nai.

Exposicións: - Mostra de debuxos dos nenos/as :"O aleitamento e a maternidade"
                      - Mostra de "Obxetos da nosa infancia"
a cargo da Asociación de 
                        Mulleres Rurais de Tomiño.
RASTRILLO / TROCO

Actividade :  RASTRILLO/TROCO  de roupa, libros, utensilios relacionados coa crianza.
Data: o sábado 8 de outubro
Lugar : Alameda de Goián

Recollida previa:  
                       Mércores 5  de outubro : 9.00  - 14.00  na Oficina de Igualdade 
                                                                                          (antigo ambulatorio)
                       Venres   7 de outubro  :  9.30- 13.30   na Escola-Obradorio de Goián

  * Agradecemos a colaboración de todas/os.

XUNTANZA DE ALEITAMENTO

Data : sábado 8 de outubro

Hora:  5 da tarde

Lugar : na Alameda de Goián (se chove no Auditorio)

Actividades :  Aleitamento colectivo
                      
                       Merenda  :  con produtos naturais feitos na casa. Invitamos a todas/os que
                                            colaboren e compartan.

                       Rastrillo/troco : de roupa, libros, utensilios, etc, relacionados coa crianza.

   * Todalas actividades levaranse a cabo coa colaboración de nai/pais, veciñas/os e as 
       asociacións A Milagrosa, Paso a paso   e Mulleres Rurais.
     
       Agradecemos a súa colaboración.

TALLER DE ESTIMULACIÓN TEMPRÁ
DATA  :  Venres 7 de outubro 

HORARIOS :  12.30- 13.00
                        17.30-19.00
LUGAR : Auditorio de Goián

Imparte :  Psicomotricistas

Información e inscrición na Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño Telf.:986623211
SESION DE PILATES
 DATAS : venres 7 de outubro

HORARIO :  11.00-12.00

LUGAR :  Auditorio de Goián

IMPARTE : Eduardo Méndez ( Terapeuta psicocorporal)

Información e inscrición na Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño.Telf.:986623211.
TALLER DE REFLEXOLOXÍA

  Datas: xoves 6 de outbro
  
  Horario:  10.00- 11.30
                 12.00- 13.30

  Lugar :  Auditorio de Goián

  Imparte :  Ser Doulas.

  Información e inscrición na Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño. Telf.:986623211

SEMANA DO ALEITAMENTO MATERNO 2011

Datas:            xoves 6, venres 7 e sábado 8 de outubro

Actividades:  sesións de reflexoloxía, pilates e talleres de estimulación temprá
                      mesa redonda  con diferentes profesionais , xuntanza colectiva,
                      merenda e rastrillo
Exposicións. Mostra de debuxos dos nenos/as (participan os colexios do concello)
                      Obxetos relacionados có aleitemento e a crianza coa colaboración da
                       Asociación de Mulleres Rurais

Lugar :          Auditorio de Goián 

Inscricións:  Oficina de Igualdade no Centro de Servizos Socias (antigo ambulatorio)
                     ou no telf. 986 62 32 11


*Máis información prema no título.

MOSTRA DE DEBUXOS SOBRE O ALEITAMENTO MATERNO

A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza por mor da Semana do Aleitamento unha MOSTRA DE DEBUXOS dos nenos/as do concello sobre a lactancia materna.

O obxetivo  é que dende cativos/as se viva a lactancia materna como unha experienza natural e positiva, e sexan capaces de falar dela con normalidade.

Os debuxos foron realizados por nenos/as de todolos colexios do noso concello.

A exposición estará ao público no Auditorio de Goián  dende o día 29 de setembro  ao 8 de outubro.
Agradecemos a todolos/as mestres/as pola súa colaboración nesta actividade, e convidamos a todos/as a visitaren a exposición.

CONFERENCIA DO PEDIATRA CARLOS GONZÁLEZ

A Oficina  de Igualdade do Concello de Tomiño organiza por mor da Semana do  Aleitamento  Materno  unha conferencia co título :

             "Por que non comen os nenos?"

Carlos González
é un recoñecido  e prestixoso  pediatra autor de numerosos libros sobre a crianza dos nenos/as : "Mi niño no me come"(1999), "Bésame mucho, cómo criar a tus hijos con amor"(2003), "Comer, amar, mamar"(2009)... e o máis recente "En defensa de las vacunas" (2011).
Carlos González falará sobre a alimentación das nenas/os o fín de axudar ás nais e pais na difícil tarefa da crianza e alimentación .

 Este xoves 29  de setembro  ás 18.00 no Auditorio de Goián.
 *
Con servizo de gardería.


 Carlos González dará outra conferencia "As necesidades afectivas dos nenos" o mércores 28  de setembro ás 18.30 no Auditorio Municipal de Cangas , organizado pola Asociación Chuchamel de Moaña coa colaboración do Concello de Tomiño.

*Máis información prema no título.

CICLO DE SEMINARIOS
PESOAS DESTINATARIAS: mulleres e homes e as súas parellas.
OBXECTIVOS: traballar os vínculos afectivos nas relacións de parella, a educación e a autoestima favorendo o desenvolvemento saudable das persoas.
HORARIO E DATAS: 3 sesións de 1h.30m horas en sábados 17.30h a 19.30h (días por determinar).
INFORMACIÓN E INCRICIÓNS: Oficina de Igualdade, rúa Colón s/n. Tel 986608070 en horario de mañá. Tel 986608070 /986622001 en horario de mañá.
CURSO "COIDADOS NO ÁMBITO FAMILIAR"
HORARIO E DURACIÓN: 16 horas lectivas. O horario   establecerase en función das vosas solicitudes. 
DIPLOMA ACREDITATIVO: Ao finalizar o curso entregarase un DIMPLOMA que acredita a formación de persoa coidadora non profesional que require a Xunta para a prestación económica de persoas coidadoras do contorno familiar.
INFORMACIÓN E INCRICIÓNS: Oficina de Igualdade, rúa Colón s/n. Tel 986608070 en horario de mañá. Tel 986608070 /986622001 en horario de mañá.

Pincha no título para acceder ao Programa do Curso
VISITA DE VERA ALMEIDA - ALCALDESA DE PAUL (CABO VERDE)
·       Licenciada en lingua estranxeira en Moscova (inglés/ruso)
·       Experta en relacións exteriores e cooperación internacional
 
ESTARÁ NA CASA DO CONCELLO O 2 DE DECEMBRO A PARTIR DAS 11h para intercambiar experiencias na área de igualdade
ACTUACIÓN CONMEMORATIVA 25 NOVEMBRO
A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño convídate, por mor do día internacional contra a violencia de xénero,  ao acto conmemorativo “Si ao bo trato, stop violencia” que terá lugar ás 7 da tarde do día 25 na Casa da Cultura.
Contaremos coa presentación da curta “Rec/play/stop violencia” elaborada por mozos e mozas de Tomiño e co monólogo da atriz galega Clara Gayo.

Esperámoste.
CONFERENCIA DO PEDIATRA CATALÁN ADOLFO GÓMEZ PAPÍ
Con motivo de axudar ás nais e pais na difícil tarefa de educar a Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño organiza por mor da Clausura da Semana do Aleitamento Materno unha conferencia dirixida a nais e pais o a cargo de recoñecido pediatra catalán:
 
ADOLFO GOMEZ PAPI  “O PODER DAS CARICIAS”
Falará sobre o vínculo afectivo, a relación de apego e as formas de crianza con motivo do seu último libro: “El poder de las caricias”
 
Mércores día 3 de Novembro ás 17.30h no Auditorio de Goián
 
Pincha no título para máis información.
PARTICIPA NA ELABORACIÓN DUN SPOT PUBLICITARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Pincha no título para máis información

DATAS: 20, 21, 27 e 28 de Outubro
HORARIO: de 16.30h-19.00h
LUGAR: Casa da Cultura

Máis de 100 mozos e mozas de Ensino Secundario participan nos obradoiros de prevención da violencia organizados polo Concello a través da Oficina de Igualdade
http://www.concellotomino.com/novas2.aspx?id=536
OBRADOIRO DE PORTABEBÉS TRADICIONAIS
No obradoiro presentaremos os modelos de portabebés máis habituais (bandoleira, mei-tai, mochila ergonómica, fular, pouch…) e explicaremos a forma máis adecuada de colocar o bebé neles.
Falaremos das vantaxes de levar ao teu bebé neles, das posicións correctas e das diferentes opcións segundo as necesidades particulares intentando solucionar as vosas dúbidas.
Tamén teremos unha parte práctica onde poderedes probar os diferentes modelos.

DATA:  Xoves 7 de Outubro
HORA: 11.00h-12.00h
LUGAR: Auditorio de Goián
IMPARTE: Lucia Castro, instructora de portabebés de Pinga Doce e integrante de Red Canguro

INSCRICIÓN: Oficina de Igualdade, rúa Colón s/n. Tel 986608070 en horario de mañá.
EXPOSICIÓN DE PRODUTOS NATURAIS DE CRIANZA
Exposición de produtos naturais para a crianza e o aleitamento a cargo de "A Raíña Verde" Tenda Infantil Ecolóxica.
-Portabebés: fulares, bandoleiras, mei tais,...
-Produtos para o aleitamento: sacaleites e outros relacionados co amamantamento e posibles problemas.
-Etc.

DATA:  Mércores 6 e Xoves 7 de Outubro

HORA: Mércores ás 17.00h e Xoves ás 11.00h

LUGAR: Auditorio de Goián

EXPOSICIÓN "Reflexións en torno á crianza"
Exposición de paneis con reflexiós en torno a experiencia do aleitamento coa colaboración das nais de Tomiño. 

DATA: Mércores 6 e Xoves 7 de Outubro

HORA: Mércores ás 17.00h e Xoves ás 11.00h

LUGAR: Auditorio de Goián

OBRADOIRO INFANTIL DE XOGOS COOPERATIVOS
Actividades lúdicas que promoverán valores relacionados coa educación e crianza saudable: creatividade, comunicación, autonomía, ritmo e afíns.

DATA:  Mércores 6 de Outubro
HORA: 17.00h
LUGAR: Auditorio de Goián
IMPARTE:  Belén Piñeiro Álvarez
Educadora Social. Integrante da Asociación Galego-Portuguesa de Educación Para a Paz (AGAPPAZ)
MESA REDONDA "A humanización do nacemento e da crianza"
DATA:  Mércores 6 de Outubro
HORA: 17.00h
LUGAR: Auditorio de Goián
COLABORA: Asociación Pinga Doce (Grupo de Apoio ao Aleitamento Materno de Tui)

PROGRAMA:
Moderadora: Ana Isabel Forneiro González: Matrona do Centro de Saúde de Tomiño
·       Dificultades do aleitamento (Instauración da lactación materna)
Ana Cal Conde
Nai de dúas fillas, Matrona e Asesora en Aleitamento. Presidenta de “Pinga Doce” (Grupo de Apoio ao Aleitamento Materno de Tui)
·       A influencia da vivencia do parto na crianza
Dolores Estévez
Matrona e Nai
·       Doulas acompañando na maternidade
Beatriz Fernández
Nai, Doula, Técnica en Educación Infantil e Asesora de Porteo.
·       A importancia do apoio dos grupos de aleitamento: a miña experiencia
Teresa Vidal Martín
Nai e Traballadora
·       O papel do pai no bebé amamantado
Horacio Antonio Villar Suárez
Pai. Colaborador en Grupos de Apoio á Lactación Materna. Socio fundador de Pleiades- (Asociación para unha Educación en Liberdade)
·       Criar sen castigar.
Nuria Otero Tomera
Nai, Pedagoga, Psicopedagoga e Doula.

No intermedio haberá unha Actuación de Nanas a cargo da Asociación de Mulleres Paso a Paso 
Para finalizar farase un Coloquio coa intervención do público
XORNADAS DA SEMANA MUNDIAL DO ALEITAMENTO MATERNO

DATA:  Mércores 6 e Xoves 7 de Outubro

LUGAR: Auditorio de Goián

COLABORA: Asociación Pinga Doce (Grupo de Apoio ao Aleitamento Materno de Tui)

Concello de Tomiño - Multimedia
Concello de Tomiño