|  |  |  |  |  |  |  
Concello de Tomiño - Multimedia
ESPAZO TIC
O ESPAZO TIC xurdido en abril de 2008 ao abeiro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, é actualmente un importante punto de referencia dentro da estratexia marcada pola Concellaría de Mocidade e Promoción Económica para difundir e fomentar o uso e aproveitamento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no Concello de Tomiño.
Con ese obxectivo, o ESPAZO TIC ven espallando a súa actividade por diferentes parroquias do concello desenvolvendo accións diversas como charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, mocidade, asociacións e empresas. O ESPAZO TIC conta con tres salas de ordenadores con acceso á Internet: dúas en Pinzás e Cristelos e outra, aberta ao público de luns a venres situada no Campo da Feira de Tomiño.
Para solicitar máis información sobre as actividades organizadas polo ESPAZO TIC de Tomiño poden contactar co seu responsable, Daniel Ozores Álvarez, dirixíndose persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamando ao teléfono 986.623.304 ou mandando un correo electrónico ao enderezo:  espazotic@concellotomino.com
NOVAS CURSOS OFERTADOS
Concello de Tomiño - Multimedia
Concello de Tomiño