|  |  |  |  |  |  |  
EDIFICIOS ADMINISTRATIVOS
Casa do Concello
Praza do Seixo s/n - Tomiño
Asuntos e trámites administrativos (padrón, rexistro oficial, portelo único, servizos de recollida de lixo, sumidoiros, iluminación, urbanismo, axente de emprego e desenvolvemento local, orientación laboral, ...)
Edificios Administrativos
Centro de Saúde
Rocha, 36 - Tomiño
O Centro de Saúde de Tomiño atende ás demandas de atención primaria e urxencias dos tomiñeses e tomiñesas.Inaugurouse o 1 de decembro do 2008. No seu programa funcional o novo Centro de Saúde de Tomiño dispón dunha área asistencial con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermaría –acadando así un dos obxectivos do Plan de Mellora de Atención Primaria de que exista unha consulta de Enfermería por cada unha de Medicina. Conta cunha consulta de matrona e unha sala de educación maternal, outra consulta para asistencia social e unha sala de toma de mostras. Ademais, rexistra unha área específica para Pediatría, que dispón dun total de catro consultas: dúas para profesionais da pediatría e outras tantas de Enfermaría.
Edificios Administrativos
Cultura
Rúa Colón 2, 1º Andar - Tomiño
Este departamento depende da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal. O seu obxectivo é realizar a programación de actos culturais ao longo de todo o ano, distinguindo entre programación propia do Concello e programación de actos en colaboración con outras entidades, asociacións, comisión de festas etc. No ano 2008 a concellaría promoveu a creación do Consello da Cultura de Tomiño, no que están representados os principais sectores, asociacións e persoeiros relacionados coa cultura, a arte nas súas diferentes manifestacións. A idea da Concellaría de Cultura é a de traballar de forma conxunta co Consello na organización de actividades conxuntas e recibir deste órgano o asesoramento e apoio necesario para desenvolver as súas actuacións.
Edificios Administrativos
Galescolas
R/ Gondomar s/n – 36740 Tomiño – Pontevedrao – Pontevedra - Tomiño
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Cun modelo educativo asistencial que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

Dirección: Ana Belén Domínguez Lemos.

Para máis información, pode consultar os seguintes enlaces:

http://galescolas.net/blogue_centro/ana_tominho_blog_94/

http://berce.det.uvigo.es/index.php?modulo=documentacion&accion=info_centro&id_pai=6&id_centro=101
Edificios Administrativos
Oficina de Igualdade
Rúa Colón 2, 1º Andar - Tomiño
Esta oficina foi creada no 2007 e depende directamente da Alcaldía, o que pon de manifesto o grao de interese e compromiso desta cos temas de Igualdade.

Entre os cometidos desta oficina atópanse:
Informar e orientar as mulleres de maneira individual e confidencial
Promover de forma efectiva a igualdade entre homes e mulleres a través de programas e campañas
Fomentar o emprego femenino
Desenvovler actividades de formación e lecer como conferencias, cursos, xornadas,...
Tamén contempla vías de apoio psicolóxico a vítimas de violencia de xénero
Edificios Administrativos
OMIX
Campo da feira - Tomiño
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) depende da Concellaría de Mocidade.

Entre os seus principais obxectivos atópanse:
Fomentar a participación e asociacionismo entre a mocidade
Detectar necesidades e demandas tanto informativas como formativas da mocidade
Informar sobre posibilidades educativas e laborais
Ofrecer actividades e cursos gratuítos.
Edificios Administrativos
Servizos Sociais
Rocha s/n - Tomiño
Este departamento depende da Concellaría de Sanidade e Benestar Social. Está destinado á xestión de axudas, subvencións, subsidios, co fin de apoiar a poboación menos favorecida e con menos recursos.

Organízanse, ademais, diversas actividades, cursos, excursións, especialmente pensadas para a xente maior, con minusvalías etc.
Inclúe os servizos dun equipo multidisciplinar, formado por psicólogos, orientadores, educadores e técnicos especializados.
Edificios Administrativos
Xulgado de Paz
Rúa Colón s/n - Tomiño
Os Xulgados de Paz son tribunais que teñen por obxecto resolver aqueles problemas que pola súa natureza ou contía non alcanzan a chegar aos tribunais ordinarios, permanecendo sen resolver ou resolvéndose de mala maneira, e polo tanto, provocando un dano ao corpo social.
Edificios Administrativos
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño