|  |  |  |  |  |  |  
Concello de Tomiño - Multimedia
ESPAZO TIC
Realización dun Curriculum Vitae
O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de identificar e utilizar as ferramentas informáticas así como diversas claves e consellos necesarias para elaborar un currículo.
Duración: 6 horas
Manexo de cámara dixital.
O usuario/a ó rematar este obradoiro será capaz de manexar unha cámara fotográfica compacta de maneira básica, así como de organizar e editar a modo de iniciación con programas de edición de imaxe.
Duración: 10 horas.
Procesador de textos
Ao finalizar este obradoiro, serás capaz de crear e editar un documento de texto ademais de inserir imaxes e crear e xestionar táboas de datos.
Duración: 10 horas
Gravación de CD's
O usuario/a ó rematar este obradoiro será capaz de realizar diferentes tipos de gravación tanto en CD como en DVD.
Duración: 4 horas.
Procura de emprego por internet.

O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de identificar as ferramentas necesarias para elaborar un currículo e promocionalo pola Internet.

Duración: 10 horas.

Mensaxería Instantánea

O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de utilizar diferentes programas para comunicarse en tempo real empregando unha conversa escrita.

Duración: 4 horas.


Correo Electrónico

O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de crear e xestionar contas de correo electrónico.

Duración: 4 horas.

Alfabetización Dixital: Informática e internet.
O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis.

Duración: 16 horas.

Concello de Tomiño - Multimedia
Concello de Tomiño