 |
PROGRAMACIÓN CULTURAL
|
 |
|
|
|
|
| Eventos: |
| | REPRESENTACIÓN ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO | | | Data: 12/06/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O vindeiro domingo 12 de xuño ás 20:00h, contaremos coa representación de dúas obras teatrais a cargo dos alumnos/as da Escola Municipal de Teatro no Auditorio de Goián. As obras a representar serán "Mamá gatiña" e "Moita televisión". |
| |  | |
III GALA BENÉFICA | | Data: 04/06/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O vindeiro sábado 4 de xuño ás 22:00h, contaremos cunha gala benéfica en favor da infancia de Quevedo, en Ecuador, a cargo do humorista Fredi Cruxer, que concentrará a varios artistas do entorno para facernos pasar unha noite chea de humor, música e maxia no Auditorio de Goián. |
| |  | |
| | III CARREIRA POPULAR DE AMORÍN | | | Data: 05/06/2011 | | | Lugar: AMORÍN | |  | | A Asociación Veciños de Amorín, coa colaboración do Concello de Tomiño e o Club de Atletismo de Porriño, organiza a III CARREIRA POPULAR DE AMORÍN (carreira pola integración) que se celebrará o domingo, 5 de xuño de 2011, a partires das 11:00 horas, diante da igrexa parroquial de Amorín, no Concello de Tomiño.
Dado o carácter popular da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade. A inscrición é gratuita. Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa e haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Esta carreira é puntuable para o circuito CORRER EN GALICIA.
Nesta III Carreira Popular de Amorín, participan persoas con discapacidade. Todas as asociación ou entidades que aporten persoas con discapacidade psíquica, para participar na carreira, serán agasalladas cun trofeo conmemorativo.
Paralelamente á carreira, haberá unha andaina pola beira do Rio Furnia, (Aula Aberta do Río Furnia) con saída ás 11 horas, dende a igrexa de Amorín, para todas aquelas persoas que o desexen, non sendo preciso realizar inscripción previa. O percorrido aproximado é de 4 km, con nivel de dificuldade baixa. É aconsellable levar calzado axeitado.
Para inscribirse, ou ter toda a información necesaria referente a esta carreira, coma horarios, inscricións, categorías, percorridos, etc. Visiten a web www.damorin.es no apartado III Carreira de Amorín ou no enderezo electrónico avdamorin@gmail.com
|
| |  | |
ÁLVARO PINO PARTICIPARÁ NA FESTA DA BICICLETA EN ESTÁS | | Data: 29/05/2011 | | | Lugar: ESTÁS | |  | | O ciclista Álvaro Pino participará na Festa da Bicicleta de Estás. Tamén impartirá unha pequena charla sobre a importancia do uso do casco e as normas de circulación para ciclistas. |
| |  | |
FESTA DA BICICLETA | | Data: 29/05/2011 | | | Lugar: ESTÁS | |  | | O Centro Social de Estás organiza un ano máis a Festa da Bicicleta o vindeiro domingo 29 de maio. A popular festa terá a súa saída ás 11,00h do Centro Social de Estás. Haberá camisetas para tódolos participantes e sorteo de agasallos. É importante recordar que para participar é obrigatorio o uso de casco. |
| |  | |
XVI FESTA DA EMPANADA | | Data: 29/05/2011 | | | Lugar: ESTÁS | |  | | A Comisión de Festas da Virxe da Peregrina de Estás organiza, en colaboración co Concello de Tomiño e o Centro Social de Estás a XVI Festa da Empanada. A festa ubicarase nunha gran carpa no recinto do Centro Social. Haberá empanadas variadas, viño do pais e o evento estará amenizado polo grupo Airiños do Miño. |
| |  | |
MONÓLOGO DE CARLOS BLANCO | | Data: 23/04/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O vindeiro sábado 23 de abril ás 21:00 horas, o actor e monologuista Carlos Blanco actuará no Auditorio de Goián.
Carlos Blanco naceu en Vilagarcía de Arousa. Actor cunha ampla traxectoria teatral (ademais de autor e director), é un dos actores galegos de TV máis coñecidos: presentou e colaborou en multiples programas da TVG como “Sitio Distinto” ou “Luar”. Durante tres anos foi parte do elenco protagonista da teleserie “Mareas vivas”. A súa estrea no mundo das longametraxes veu da man de Antón Reixa (“O lápis do carpinteiro”) e Patricia Ferreira (“O alquimista impaciente”). Conta con varios guións escritos para “Mareas vivas”. Traballou na Radio Galega durante dez anos. Sen dúbida, un dos máis divertidos de Galicia. Sobran as palabras para presentar a un home como Carlos Blanco. |
| |  | |
| | CONFERENCIAS E EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE FAUSTINO REY ROMERO | | | Data: 17/04/2011 | | | Lugar: CASA DOS MESTRES DE AMORÍN - CASA VECIÑAL DE CURRÁS | |  | | A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación de Veciños de Amorín e a Asociación de Veciños de Currás organiza o domingo 17 de abril unha xornada de conferencias e unha exposición fotográfica sobre a vida e obra de D. Faustino Rey Romero, escritor e párroco de Tomiño.
Faustino Rey Romero naceu en Santa María de Isorna (Rianxo), e estudiou para cura no seminario de Tui. Ordenouse en 1948, e foi párroco en dúas parroquias do Baixo Miño: Currás e Amorín. Rey Romero tiña fillos que o trataban de paí e non de padre nin tío, sen ningún escándalo da parroquía, pero si da xerarquía eclesiástica. Problemas co bispado levaríano a trasladarse a Buenos Aires, onde exerceu na parroquía de Balbanera e rematou os seus días.
Publicou a Teoría general de la existencia e dous libros de poesía en castelán. En galego, deu ó prelo Doas de vidro (1951), Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952), Escolanía de melros (1959), e Poema das materias sagras (1960).
A poesía de Rey Romero ten unha especial tenrura franciscanista. Na Escolania de melros constrúe uns sonetos de gran perfección e domina o hendecasílabo como moi poucos poetas da nosa lingua o fixeron. Do Poema das materias sagras di Méndez Ferrín: "...semella próximo á poesía católica de Paul Claudel e presenta unha excelente tersura formal e unha ousadía, por veces grande, na creación de imaxes e relacións culturais".
A primeira conferencia terá lugar na Casa dos Mestres de Amorín ás 11:00h. e o tema a tratar será A escolanía de Faustino Rey Romero: pombas e serpes.
A segunda conferencia será na Casa Veciñal de Currás ás 19:30h. e versará sobre Faustino Rey Romero: poemas á deriva.
As conferencias serán impartidas por X. Ricardo Losada.
X. Ricado Losada naceu en Rianxo en 1961. É profesor de filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Publicou O xene da chuvia, un libro de relatos filosóficos, e Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero. Participou en varios libros colectivos de relatos e ten publicados ensaios de diferentes temáticas en revistas como Alameda, Casa da Gramática e A Trabe de Ouro. Ten comprometida a publicación dunha biografía sobre Faustino Rey Romero. É secretario da Asociación Cultural Barbantia e coordina no suplemento comarcal do Barbanza de La Voz de Galicia a sección Acasos, na que tamén escribe artigos literarios e de opinión. |
| |  | |
MONÓLOGO DE ROBER BODEGAS | | Data: 16/04/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O vindeiro sábado 16 de abril ás 21:00 horas, o monologuista Rober Bodegas actuará no Auditorio de Goián.
Rober Bodegas (nacido en Carballo), monologuista e contacontos (de maiores…) é o gañador do “Rei da Comedia”, programá que TVE emitiu as noites dos sábados e no que se buscaba ao mellor cómico do país entre máis de 3.000 aspirantes.
Antes diso había triunfado na súa terra sendo gañador do “Certame de dramatización de monólogos cómicos” do Festival Internacional Outono de Teatro, do certame de comedia da “Bienal da caricatura de Ourense” e finalista de outros concursos.
Estudiou comedia con Leo Bassi, Jango Edwards e Álex Navarro entre outros e levou os seus espectáculos por todo o país. Compartiu escenario con alguns dos mellores contadores e monologuistas como Luis Piedrahita, Javier Veiga, Don Mauro, Quequé ou Flipy e foi colaborador da emisora de radio RadioVoz. Actualmente compaxina as súas actuacións en solitario co espectáculo teatral “Contamos contigo” xunto a Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira e tamén colabora no xornal La Voz de Galicia. Ademáis é guionista e colaborador do programa que Globomedia produce para La Sexta, “Sé lo que hicisteis...” |
| |  | |
MONÓLOGO CÁNDIDO PAZÓ | | Data: 02/04/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Cándido Pazó é un dos grandes da escena galega. Formado polos mellores, coma Philippe Gaulier, entre outras moitas colaboracións, adaptacións de textos teatrais, dirección de pezas e infinidade de participacións en espectáculos teatrais está trinunfando neste momento coa adapatación de "Memorias dun Neno Labrego" a obra máis contratada na Rede Galega de Teatros.
Este artista vigués é especialista nas facetas máis cómicas do teatro e nos monólogos.
Esta última faceta, a de monologuista, é a que vai desempeñar o vindeiro sábado día 2 de abril en Tomiño. Coa súa especial prosa e ese xeito inigualable de "contar", Cándido Pazó entreterá e fará rir ó público de Tomiño a partir das nove do serán. |
| |  | |
| | ESPECTÁCULO DE DANZA "SHOAH" | | | Data: 25/03/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | | | Paula Cobián Escola de Danza, despois de sete anos de andadura, da un paso máis na formación en danza do seu alumnado creando unha compañía non profesional de danza, SINE DIE, da que formarán parte alumnos e alumnas da escola que queren ampliar un pouco máis a súa formación, introducíndose no mundo da danza escénica.
O vindeiro venres 25 de Marzo, no Auditorio de Goián (Tomiño), poñerán en escea a súa primeira producción, “SHOAH”.
“SHOAH” é unha reivindicación das liberdades humanas, a liberdade de ser, pensar e creer, e sobre todo de respetar o ser, pensar e creer dos outros. Tomando como punto de partida a barbarie do holocausto xudeo, o que pretenden é, advertir no espectador o que pode desatar o fanatismo e a intolerancia.
“O que sucedeu é un aviso, esquecelo é un delito” |
| |  | |
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA KDD'S | | Data: 05/03/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O auditorio de Goián acolle no mes de marzo unha exposición de fotografía colectiva a cargo da asociación KDD's. A inauguración será o sábado 5 de marzo ás 12:00 horas no Auditorio e a mostra permanecerá na sala ata o día 31. |
| |  | |
FESTA DA FILLOA E ORELLA DE ENTROIDO | | Data: 27/02/2011 | | | Lugar: PRAZA DO SEIXO | |  | | A Asociación Comparsa Estrelas da Noite organiza en colaboración coa Concellería de Cultura, Eduación e Participación Veciñal a Festa da Filloa e orella de Entroido o vindeiro domingo 27 de febreiro dende ás 11 ás 18 horas na Praza do Seixo. |
| |  | |
| | Bases Venres de Foliada 2011 | | | Data: 31/01/2011 | | | Lugar: Concellería de Cultura | | | Aberto o prazo de inscrición de comparsas no Venres de Foliada a partir do 31 de xaneiro e ata o 28 de febreiro. |
| |  | |
EXPOSICIÓN DE PINTURA | | Data: 05/02/2011 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Dende o día 5 ao 28 de febreiro, estarán expostos no Auditorio de Goián os traballos da pintora Mª Carmen Cameselle. A inauguración será o sábado 5 de febreiro ás 12,00 horas. |
| |  | |
CONCERTO DE NADAL | | Data: 18/12/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O SÁBADO 18 ÁS 20,00 HORAS, A CAMERATA VIGUESA, DIRIXIDA POLO MESTRE ARMANDO TOLEDO, OFRECERÁ UN CONCERTO DE NADAL NO AUDITORIO DE GOIÁN. |
| |  | |
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE PAULA FERNÁNDEZ NÓVOA | | Data: 11/12/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | O 11 de decembro ás 12:00h terá lugar a inauguración da Exposición fotográfica "Lendas dunha Meiga: O mundo a través dos seus ollos" no Auditorio de Goián. Esta mostra da artista Paula Fernández Nóvoa permanecerá no Auditorio dende o día 11 ao 31 de decembro. |
| |  | |
NOVEMBRO, MES DAS BANDAS | | Data: 06/11/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | CONCERTOS DE BANDAS DURANTE O MES DE NOVEMBRO OS SÁBADOS ÁS 20:30 NO AUDITORIO DE GOIÁN |
| |  | |
PRESENTACIÓN DO CORO INFANTIL DA CORAL POLIFÓNICA DE TOMIÑO | | Data: 23/10/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Ás 20:00h no Auditorio de Goián, presentación do coro infantil da Coral Polifónica de Tomiño. |
| |  | |
| | ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO | | | Data: 20/09/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Aberto o prazo de inscrición para o curso 2010/11 da Escola Municipal de Teatro. |
| |  | |
XV Encontro de Bandas de Música | | Data: 07/08/2010 | | | Lugar: Praza da Igrexa de Goián. 21.00 horas. | |  | | Participan Unión Musical de Coruxo, Unión Musical de Ponteledesma e Agrupación Musical de Goián. Organiza esta última coa colaboración da Concellaría de Cultura.
21.00 horas. |
| |  | |
Concerto do grupo musical “Los gatos y el Sexo” | | Data: 06/08/2010 | | | Lugar: Praza da Igrexa de Goián. 22.30 horas. | | | Organizado por ADETO coa colaboración da Concellaría de Cultura. 22.30 horas. |
| |  | |
REPRESENTACIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO | | Data: 13/06/2010 | | | Lugar: AUDITORIO MULTIUSOS DE GOIÁN | |  | | O domingo 13 de xuño, ás 20:00 horas, contaremos coa representación da obra teatral "Misterio na escola" a cargo dos nenos/as que participaron no curso 2009/10 da Escola Municipal de Teatro e Danza. |
| |  | |
CURSO DE DANZA E ACTUACIÓNS | | Data: SÁBADO, 15 DE MAIO | | | Lugar: Auditorio de Goián | |  | | Curso de danza de iniciación á danza contemporánea impartido por Armando Martén, bailarín e coreógrafo da Cía. Entremáns e profesor de danza do Conservatorio de A Coruña. Armando Martén formouse na escola superior de danza de Cuba e foi primer bailarín do Ballet nacional de Cuba.
Hora: de 17:00 a 19:00 horas.
Función de danza: Duetos. Dúas compañías bailarán “dúos” e “solos” de danza contemporánea no auditorio de Goián.
Cía. Losdedae. Madrid
“Capuchino para dos”
Cía. Entremáns. Galicia- Cuba
“Si quiero”
Hora: 21:00 horas
|
| |  | |
INTERCAMBIO DE DANZA CO CONCELLO DE NARÓN. | | Data: SÁBADO, 24 de ABRIL | | | Lugar: NARÓN | |  | | Organiza a Escola de Danza Contemporánea e o Padroado de Cultura de Narón en colaboración con:
Escola de Teatro e Danza de Tomiño
Escola de Danza Contemporánea de Narón
Conservatorio de Danza de A Coruña
Conservatorio de Danza de Lugo
Aula de Danza da Universidade de A Coruña |
| |  | |
LA MINITÍPICA E OS SEUS BAILARÍNS EN CONCERTO | | Data: 10/04/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Concerto de tango a cargo do grupo La Minitípica, acompañado dos seus bailaríns ás 21:30h. |
| |  | |
I CONCURSO EXPOSICIÓN DA CAMELIA EN TOMIÑO 2010 | | Data: 20/03/2010 | | | Lugar: SALÓN DE SESIÓNS DO CONCELLO | |  | | A ASOCIACIÓN DE VIGUESES EN BAIXO MIÑO TOMIÑO ORGANIZA O I CONCURSO EXPOSICIÓN DA CAMELIA OS DÍAS 20 E 21 DE MARZO DE 2010 NO SALÓN DE SESIÓNS DO CONCELLO.
|
| |  | |
EXPOSICIÓN DE PINTURA COLECTIVA CON MOTIVO DO ANO SANTO | | Data: 18/03/2010 | | | Lugar: CASA DA CULTURA | |  | | EXPOSICIÓN DE PINTURA COLECTIVA NA CASA DA CULTURA DE TOMÑO DENDE O 18 AO 29 DE MARZO DE 2010. ORGANIZA A ASOCIACIÓN ARTÍSTICO-CULTURAL DE PONTEVEDRA.
INAUGURACIÓN O XOVES 18 DE MARZO ÁS 20 HORAS NA CASA DA CULTURA. |
| |  | |
CICLO DE CINE DOCUMENTAL | | Data: 07/03/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | CICLO DE CINE DOCUMENTAL OS DOMINGOS 7, 14 E 21 DE MARZO ÁS 18 HORAS NO AUDITORIO DE GOIÁN |
| |  | |
MARZO, MES DO TEATRO | | Data: 06/03/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Tódolos sábados de marzo, ás 21 horas no Auditorio de Goián. |
| |  | |
EXPOSICIÓN MEU SENTIR | | Data: 05/03/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | |  | | Exposición de escultura a cargo de Ignacio Moure. A inauguración terá lugar o venres 5 de marzo ás 19:30 horas. |
| |  | |
TINO BAZ EN CONCERTO | | Data: 30/01/2010 | | | Lugar: AUDITORIO DE GOIÁN | | | Concerto de Tino Baz ás 21 horas no Auditorio de Goián |
| |  | |
| | ACTUACIÓN DE SANDRA MARTÍNEZ E FREDI CRUJER | | | Data: 23/01/2010 | | | Lugar: MULTIUSOS DE GOIÁN | |  | | A tomiñesa Sandra Martínez e o humorista Fredi Crujer ofrecerán o vindeiro sábado 23 de xaneiro unha actuación no Auditorio de Goián ás 20 horas. |
| |  | |
| | Inauguración da exposición | | | Data: 12/19/2009 | | | Lugar: Multiusos de Goián | |  | | Inauguración da exposición Arritmias
Dentro da programación cultural, por mor das festas do Nadal, que organiza a Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal, que preside o centrista Jesús Castiñeira, inaugurarase este sábado, 19 de decembro, ás 12:00 horas, no multiusos de Goián a exposición Arritmias.
Arritmias organízase en colaboración coa Asociación Galega de Arte e Cultura (AGAEC) e coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
AGAEC é unha entidade que, sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico, foi creada no ano 2005. Ten como obxectivo difundir e promover a arte da cultura galega en todas as súas manifestacións, tanto dentro como fóra da nosa comunidade.
Os artistas que participan nesta exposición veñen de diversos lugares da xeografía galega e do resto de país, polo que a interculturalidade está garantida nesta mostra de pintura e escultura. Os artistas que fan posible este evento son: Antonio Abad (Vigo), Carmen Sevillano (Vigo), Carmen Torres (Santiago de Compostela), Esther Molinero (Cidade Real), Marina Cocós (Pontevedra), Paco Ramos (Granada), Pepa Mariño (Potnevedra) e Jesús Pereira (Cádiz).
No tocante á temática da exposición é de moi variada índole. A gran variedade de artistas fan posible a manifestación de diferentes temáticas e estilos, dende a homenaxe á luz e á paisaxe galega, á figura humana, ao surrealismo ata o impresionismo, a través de técnicas coma o pastel ou o óleo principalmente.
A exposición estará aberta dende o sábado 19 de decembro ata o 11 de xaneiro no multiusos de Goián de luns a venres de 9h ás 13h.
Segundo Castiñeira, esta é unha boa oportunidade para as persoas que valoran a arte, así como para os artistas do municipio, de coñecer o labor da asociación AGAEC, intercambiar experiencias e impresións e mais para admirar nun só evento unha gran variedade de temáticas e estilos artísticos. |
| |  | |
| | Nadal Cultural | | | Data: Decembro 2009 e Xaneiro 2010 | | | Lugar: Tomiño e Goián | |  | | Nadal cultural durante os meses de Decembro e Xaneiro en Tomiño. |
| |  | |
|
|
|
|
 |
|