| RUTA DOS PETRÓGLIFOS DO MONTE TETÓN |
Como Chegar?
Dende Tomiño tomamos a estrada PO-351, que conduce a Gondomar. Ao chegar ao alto de Couso,
tomaremos un desvío á man dereita seguindo as indicacións dos carteis. A estrada que conduce
ao Ecoparque remata nun aparcadoiro onde se atopa a caseta forestal e a partir do cal
comezará a nosa rota a pé.
|
Que é?
O itinerario, cunha distancia total de 2,1 km e unha pendente media do 9%,
comeza nun miradoiro situado na parte baixa do monte, pasa polos dous
petróglifos principais da zona e remata noutro miradoiro, situado no alto do monte.
A ruta complétase cunha área de lecer, con mesas e bancos para facer unha parada no camiño.
|
|
 |
|
| Mapa Ruta Monte Tetón |
|
|
A ter en conta
As mellores horas de visibilidade para observar os petróglifos son á
primeira da mañá e á última hora da tarde, é dicir, cando o sol non
incide directamente nas rochas.
|
|
| RUTA DA PEDRA FURADA |
Como Chegar?
Dende a estrada PO-552 collemos o desvío cara a Figueiró e nas inmediacións
da praza principal, onde se atopa o santuario de san Campio, comezan
as indicacións da senda peonil, que parte dunha estrada asfaltada que
percorre o lugar chamado Muíños. Continuamos ata o remate da estrada
asfaltada, onde se atopa unha área de lecer, e alí comeza o percorrido
da senda natural.
Que é?
Trátase dunha rota de 1,5 km de interese paisaxístico e natural. Unhas
formacións rochosas de gran sigularidade xeolóxica, situadas na parroquia
de Figueiró, son o principal polo de atracción desta rota, xunto coas vistas
panorámicas que se acadan dende o punto máis elevado.
|
 |
|
| Pedra Furada |
|
|
A zona forma parte da banda xistosa de Monteferro – O Rosal, pertencente ao macizo
Ibérico. Xeoloxicamente, caracterízase pola presenza dunha estreita banda de rochas
metosedimentarias orientadas en dirección norte-sur, cunha anchura de 1,5 a 4 km. No
interior desta banda xistosa existen varios corpos graníticos de menor entidade e un
abundante número de diques granítico, pegmalítico e aplítico de dimensións variadas.
|
|
A cota máxima de altitude é de 204 m e ofrécenos, por unha banda, unhas impresionantes
formacións rochosas furadas pola acción da erosión e, por outra banda, un miradoiro de ampla panorámica.
A ter en conta
Aínda que nos paneis informativos do punto de saída a ruta se define como de dificultade baixa,
cómpre ter en conta que o sendeiro discorre por terreo accidentado e de bastante pendente.
|
|
| RUTA DA AULA ABERTA DA NATUREZA RÍO FURNIA |
Como Chegar?
Dende a estrada PO-552 collemos o desvío xunto o cimenterio de Amorín pasando o cartel
indicador (Aula Aberta da Natureza Río Furnia) e seguimos polo camiño de terra, deixando a
dereita o campo de fútbol, ata a beira do río. Veremos sobre a esquerda, os primeiros paneis
explicativos da ruta. Aquí comeza o percorrido da senda natural.
|
Que é?
Esta nova aula aberta da natureza (posta en marcha pola Concellaría de Medio
Ambiente nos primeiros meses do 2010) está pensada especialmente como zona de
lecer a autoaprendizaxe e consiste na instalación de varios paneis de diferente
tamaño que informan da biodiversidade e características da flora desta zona húmida;
unha zona medioambientalmente protexida, na que se pode atopar un bosque de amieiros,
máis de 20 especies distintas de árbores e arbustos e 60 especies de pequenas plantas e fentos.
|
|
 |
|
| Ruta da aula aberta da natureza RÍO FURNIA |
|
|
A ter en conta
Trátase dunha ruta de 1,6 km de interese paisaxístico e natural, cunha
duración estimada dunha hora. En época de chuvia recoméndase levar calzado axeitado.
|