|  |  |  |  |  |  |  
COMO CHEGAR
Por estrada: vindo polo norte, dende A Coruña, Santiago e Vigo, accédese pola autoestrada AP-9 ata Tui ou pola autovía Vigo - O Porriño A-52, que continúa ata Tui coa denominación A-55. Ao remate da autovía, antes de entrar en Portugal, colleremos a saída O Rosal - A Guarda, e continuaremos pola estrada PO-552.
Dende Ourense pola A-52 ata O Porriño e posteriormente pola A-55 ata Tui.
Dende Portugal pola IC-1 ou IP-1 ata Tui e, se vimos dende O Porto, tomaremos a A-41/IC24 ata Viana do Castelo e logo a A28, que vai ata Vilanova de Cerveira. Alí crúzase pola ponte Internacional da Amizade ata Goián e situámonos xa no Concello de Tomiño, na estrada PO-552, que o percorre.

CONCELLO DE TOMIÑO
CONCELLO DE TOMIÑO
Autobuses: conexións regulares dende Vigo cos concellos limítrofes da comarca a través da empresa ATSA, que intercomunica todo o Baixo Miño.
Enderezo: rúa Pacífico Rodríguez, 1 36780 A Guarda
Tfno.: 986 610 255

Ferrocarril: a liña de ferrocarril que vén dende O Porriño ten parada en Caldelas de Tui e Guillarei, no Concello de Tui, onde paran algúns dos servizos rexionais Vigo – Ourense.
Tfno. información RENFE: 902 240 202

Aeroporto de Vigo: o aeroporto de Peinador atópase a 9 km de Vigo e a 35 km de Tomiño, e conta con conexións nacionais e internacionais a través das seguintes compañías aéreas: Air Europa, Iberia, Air France, Air Nostrum, Clickair e Spanair.
Concello de Tomiño
Concello de Tomiño