 |
|
|
|
 |
OS CULTIVOS DO BAIXO MIÑO
|
 |
|
O sector dos cultivos proporciona un importante desenvolvemento económico e
social na nosa comarca, en especial no Concello de Tomiño. Isto é debido ás
importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo ao aire libre, especialmente
de planta ornamental, o que a converte nunha actividade importante fonte de emprego
e riqueza.
As orixes do viveirismo ornamental no Baixo Miño remóntanse aos primeiros anos do
século XX, cando Viveiros Peixoto se instalou na zona como o primeiro viveiro de
planta ornamental. Seguirían a súa estela
|
|
 |
|
| Cultivos |
|
|
diversas empresas, que enseguida caeron
na conta da oportunidade de negocio que albergaba a nova actividade.
O excepcional microclima da zona, xunto coa calidade das súas terras ácidas,
propiciarán o desenvolvemento deste sector, que aglutina a produción de planta
ornamental, flor e produto da horta. Na actualidade dedícanse máis de 100 hectáreas
á produción de plantas ornamentais, unhas 50 hectáreas á produción de flor e a mesma
extensión de terreo a produtos da horta.
É un sector dinámico que continúa avanzando e expandíndose, e aumentando tamén as
súas exportacións, non só ao territorio español senón tamén a países coma Portugal,
Francia, Inglaterra, Bélxica ou Suíza.
|
 |
|
| Viveiro (Tomiño) |
|
|
A principal produción dos viveiros céntrase nas plantas e árbores ornamentais,
coma por exemplo hortensias, rododendros, camelias, magnolios, azaleas, acivros…
Pero tamén están adquirindo nos últimos anos un importante peso a produción de
froitas coma o kiwi ou o mirabel, de produción única nesta zona e tamén a de flor
e produtos da horta, que son a materia prima das conserveiras vexetais da zona.
|
|
Cómpre destacar de xeito especial o pulo que está adquirindo a produción do kiwi, sustentada
pola excelente adaptación que esta froita, noutro tempo “exótica”, fixo ás condicións climáticas
do Baixo Miño.
Ten unhas excelentes propiedades alimenticias, e un moderado aporte calórico, o que fai dela
unha idónea sobremesa. O kiwi consúmese principalmente coma “froita fresca”, pero a súa
versatilidade permite empregala para numerosas elaboracións pasteleiras e incluso nalgunhas
ocasións, ser cociñada.
|
 |
|
| Kiwis |
|
|
O kiwi provén orixinariamente da China Continental, concretamente das ladeiras
do Himalaya e na actualidade o seu cultivo se estende por Nova Zelanda, Brasil,
Italia, España e Chile.
Dentro de España a produción se concentra principalmente en Galicia, que acada
o 55% da produción nacional, pero o dato máis interesante e pouco coñecido ata
o de agora, é que o 60 % da superficie cultivada se atopa no Baixo Miño.
|
Deste xeito, este cultivo convértese no principal obxecto de produción e
exportación do municipio, e un dos maiores motores de creación de emprego
xunto co cultivo da vide e de planta ornamental.
As expectativas cara o futuro tamén son moi alentadoras, dado que España
só produce o 10% do que consume e o kiwi é unha froita que mantén unha
produción bastante boa por hectárea, axudada polas boas condicións climáticas
do Baixo Miño.
|
|
A Mostra de Cultivos do Baixo Miño
Trátase dunha feira promovida polos Produtores do Baixo Miño en colaboración co
Concello de Tomiño, que se celebra anualmente entre os meses de marzo e abril.
Nela participan os máis importantes produtores e comercializadores da comarca, no que se refire
a plantas de viveiro, flor e outros produtos do campo, así como as súas empresas auxiliares.
|
 |
|
| 6ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño |
|
|
O obxectivo principal da feira é o de poñer en valor todo o que se fai no mundo do viveirismo,
da flor, da horta e da fruticultura na zona do Baixo Miño, ademais de promover acordos
empresariais de todo tipo.
Todo isto acompañado de actividades complementarias e exposicións diversas relacionadas con este mundo.
|
|
Para máis información acuda ao web www.mostradecultivos.eu
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
| Concello de Tomiño |
 |
|
|
|
|
|